A Biblioteca de Cee abre o prazo dos seus Concursos Escolares Literarios


Agardan cada comezo de ano centos de escolares a convocatoria dos Concursos Literarios que convoca a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" e a Concellería de Cultura, Deportes e Tempo Libre Concello de Cee. Da man de José Ramón Rey Senra, estes certames serven para que os rapaces da contorna se acheguen aos libros, ao comic e ao teatro. Uns premios co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.
Este ano o concurso de “ACHEGAMENTO AO LIBRO” chega a súa 27ª edición, chegando case aos 7.000 traballos presentados.
Ademais, a Biblioteca presenta as bases para o Certame “NA PROCURA DO NOSO VII CÓMIC” e “NA PROCURA DO NOSO XIV MARCAPÁXINAS”.
Poden presentar os traballos ata o 3 de abril na Biblioteca sita na Casa da Cultura.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados.
- Febreiro 2017: A Biblioteca Francisco Mayán celebra 20 anos de certames literarios.
- Maio 2016: Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee.
- Cee e Ponteceso expoñen as obras de Manuel María.
- A Biblioteca de Cee celebra o Día do Libro con Cervantes e Shakespeare.
- Cee difunde a obra de Rosalía de Castro.
- A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios.
- Premios 2014: Os certames de achegamento cultural da Biblioteca de Cee chegaron aos 5.000 traballos.
- Premios 2013: 436 obras marcan un fito no Concurso de Achegamento ao Libro do Concello de Cee.
- Premios 2011: Cee entregou os seus premios culturais aos escolares.
- Premios 2010: Cee premia os mellores cadros, relatos e marcapáxinas .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).