A cidadanía volveu saír á rúa para berrar contra a precariedade
Algo pasa cando cada semana hai concentracións ao longo do país. Algo pasa na sociedade cando temos demostracións e protestas nas nosas rúas constantemente. Traballadores da sanidade, pensionistas, colectivos femininistas, emigrantes…
Este Primeiro de maio volveu á rúa a cidadanía do país. Foron varios milleiros de persoas os que quixeron celebrar o día do Traballador loitando pola recuperación dos nosos dereitos, que nos levan roubando aproveitando a crise. Berrando contra a pobreza e a precariedade, e por un emprego, uns salarios e unhas pensións dignas.
Foi a CIG a que convocou 13 concentracións por todo o país, e en Cee houbo unha numerosa concentración, con varios centos de persoas Non fallaron os pensionistas
Folga Xeral
Así mesmo, a CIG anunciou que baralla a data do vindeiro martes 19 de xuño como posible convocatoria dunha folga xeral, esperando que o resto de sindicatos decidan sumarse.
Novas relacionadas
- Os PACs tamén se alzaron en pé de guerra por reivindicacións laborais aprobadas no 2008.
- Os pensionistas volveron saír á rúa para reivindicar un sistema público digno.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)