Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A cidadanía volveu saír á rúa para berrar contra a precariedade

A cidadanía volveu saír á rúa para berrar contra a precariedade
Concentración da CIG en Cee polo 1 de maio -Foto-Rafa Quintáns Concentración da CIG en Cee polo 1 de maio -Foto-Rafa Quintáns

Algo pasa cando cada semana hai concentracións ao longo do país. Algo pasa na sociedade cando temos demostracións e protestas nas nosas rúas constantemente. Traballadores da sanidade, pensionistas, colectivos femininistas, emigrantes…

Este Primeiro de maio volveu á rúa a cidadanía do país. Foron varios milleiros de persoas os que quixeron celebrar o día do Traballador loitando pola recuperación dos nosos dereitos, que nos levan roubando aproveitando a crise. Berrando contra a pobreza e a precariedade, e por un emprego, uns salarios e unhas pensións dignas.

Foi a CIG a que convocou 13 concentracións por todo o país, e en Cee houbo unha numerosa concentración, con varios centos de persoas Non fallaron os pensionistas

Folga Xeral

Así mesmo, a CIG anunciou que baralla a data do vindeiro martes 19 de xuño como posible convocatoria dunha folga xeral, esperando que o resto de sindicatos decidan sumarse.

Fotos de Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios