A Marea Blanca exténdese por Cee

Somos máis de cores branquiazuis, pero sempre é nova a inauguración dunha nova Peña Madridista “A Marea Blanca” en Cee. A peña nace con 78 socios, e xa xunto a máis de 90 para este acto de inauguración, no que participaron o director deportivo do Real Madrid, Miguel Pardeza e o directivo do Real Madrid, natural de Cee, José Manuel Otero Lastres.

Ademais dos pertinentes discursos de invitados, directivos da pena e dos intercambios de agasallos, entregouse o carnet de Socio de Honor a D. José Manuel Otero Lastres e a Dña. Josefa Freire, madridista de 89 anos que como anécdota e para constatar a súa Madridismo, posúe unha carta dirixida a ela, manuscrita, do mismísimo D. Santiago Bernabéu.

Uns invitados especiais tamén foron, os integrantes da pena madridista Entre Rías, do concello de Noia. Coa cal realizouse un hermanamiento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).