A parroquia de Cee mantén viva a tradición das alfombras do Corpus

Voluntarios da parroquia de Cee creando a alfombra do Corpus
Alfombra do Corpus no interior da igrexa de Cee A parroquia de Cee acollía na tarde deste Domingo de Corpus Christi a presentación en público das tradicionais alfombras florais. Nada menos que 4 alfombras presentaban: no interior do templo, na entrada da Igrexa, na alameda e na sacristia. Dúas semanas levou a preparación das mesmas por parte dun grupo de voluntarios parroquiais que, con moito cariño, dedicaban as súas horas libres para manter esta recuperada tradición.   A alfombra máis destacable, e a que se lle adicaron o redor dunhas tres horas para a sua montaxe, foi a que se atopa no interior do templo da Xunqueira; a cal poderase ir ver este luns e martes en horario de mañá de 10 a 1 do mediodía e de 5 a 7 da tarde.
Ata a Alameda de Cee ten unha fermosa alfombra do Corpus estes días
Alfromba na entrada da Igrexa de Cee

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/intensos-dias-nas-parroquias-de-desire/

Fonte

Iván Pérez para QPC.