![Voluntarios da parroquia de Cee creando a alfombra do Corpus]()
Voluntarios da parroquia de Cee creando a alfombra do Corpus
![Alfombra do Corpus na parroquia de Cee]()
Alfombra do Corpus no interior da igrexa de Cee
A parroquia de Cee acollía na tarde deste Domingo de Corpus Christi a presentación en público das tradicionais alfombras florais. Nada menos que 4 alfombras presentaban: no interior do templo, na entrada da Igrexa, na alameda e na sacristia.
Dúas semanas levou a preparación das mesmas por parte dun grupo de voluntarios parroquiais que, con moito cariño, dedicaban as súas horas libres para manter esta recuperada tradición.
A alfombra máis destacable, e a que se lle adicaron o redor dunhas tres horas para a sua montaxe, foi a que se atopa no interior do templo da Xunqueira; a cal poderase ir ver este luns e martes en horario de mañá de 10 a 1 do mediodía e de 5 a 7 da tarde.
![Ata a Alameda de Cee ten unha fermosa alfombra do Corpus estes días]()
Ata a Alameda de Cee ten unha fermosa alfombra do Corpus estes días
![Alfromba na entrada da Igrexa de Cee]()
Alfromba na entrada da Igrexa de Cee
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/intensos-dias-nas-parroquias-de-desire/
Fonte
Iván Pérez para QPC.