A pasada tarde deste pasado xoves tivo lugar na Casa da Cultura de Cee unha charla sobre cooperativismo ofrecida pola Rede Eusumo coa colaboración do Concello de Cee. Unha xornada que levaba por título “Emprender baixo a fórmula #cooperativa. Unha boa opción de emprendemento”, e que tivo unha boa asistencia de xente nova, con gañas de lanzarse ao mundo laboral dun xeito mais consciente.