A Xunta ignora as peticións da Valedora do Pobo e non entrega a documentación sobre o Castelo do Príncipe

Pablo Álvarez da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe co voceiro do BNG de Cee Serxio Domínguez na porta da Valedora do Pobo o pasado mes de novembro

Aló polo mes de novembro A Plataforma en Defensa do Castelo de Ameixenda e o BNG levaban á Valedora do Pobo a petición de apertura do BIC. Máis de dous meses despois a Valedora segue esperando pola documentación necesaria que lle ten solicitado á Xunta.

A contestación da Valedora aos colectivos implicados é clara: “A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria persiste na súa actitude de non enviar a información requerida en relación coa súa queizxa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións.
Ante iso, pola nosa banda vímonos obrigados a recordar de novo á citada consellería o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que nos expón na queixa (art. 26.1 da Lei do Valedor do Pobo). No caso de persistir esta actitude procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais. Tan pronto como recibamos o correspondente informe poñerémonos de novo en contacto con vostede, dándollo conta da nosa actuación e, se é posible, da solución do seu problema”.

Baixo o parecer da Plataforma e do Bng de Cee, “a consellería está a incumprir a súa obriga porque sabe que temos razón nas nosas reivindicacións e non lles interesa nen o mais míninmo a apertura da fortaleza, algo que de producirse, ademáis de obedecer a lei, sería un importante estímulo para o turismo na bisbarra.” Así, “esperaramos un tempo prudencial, e de persistir a actitude procederemos a novas iniciatuvas, esta vez directamente ante a consellería”.

Do mesmo xeito, o Bng xa ten presentado no parlamento unha iniciativa e están a espera de que sexa tratada en comisión. Nela diríxense directamente á Xunta para preguntar que ten pensado facer para que o Castelo sexa posto a visita pública catro días ao mes, tal e como se contempla na normativa BIC.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)