sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Xunta ignora as peticións da Valedora do Pobo e non entrega a documentación sobre o Castelo do Príncipe

A Xunta ignora as peticións da Valedora do Pobo e non entrega a documentación sobre o Castelo do Príncipe
Pablo Álvarez da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe co voceiro do BNG de Cee Serxio Domínguez na porta da Valedora do Pobo Pablo Álvarez da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe co voceiro do BNG de Cee Serxio Domínguez na porta da Valedora do Pobo o pasado mes de novembro

Aló polo mes de novembro A Plataforma en Defensa do Castelo de Ameixenda e o BNG levaban á Valedora do Pobo a petición de apertura do BIC. Máis de dous meses despois a Valedora segue esperando pola documentación necesaria que lle ten solicitado á Xunta.

A contestación da Valedora aos colectivos implicados é clara: “A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria persiste na súa actitude de non enviar a información requerida en relación coa súa queizxa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións.
Ante iso, pola nosa banda vímonos obrigados a recordar de novo á citada consellería o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que nos expón na queixa (art. 26.1 da Lei do Valedor do Pobo). No caso de persistir esta actitude procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais. Tan pronto como recibamos o correspondente informe poñerémonos de novo en contacto con vostede, dándollo conta da nosa actuación e, se é posible, da solución do seu problema”.

Baixo o parecer da Plataforma e do Bng de Cee, “a consellería está a incumprir a súa obriga porque sabe que temos razón nas nosas reivindicacións e non lles interesa nen o mais míninmo a apertura da fortaleza, algo que de producirse, ademáis de obedecer a lei, sería un importante estímulo para o turismo na bisbarra.” Así, “esperaramos un tempo prudencial, e de persistir a actitude procederemos a novas iniciatuvas, esta vez directamente ante a consellería”.

Do mesmo xeito, o Bng xa ten presentado no parlamento unha iniciativa e están a espera de que sexa tratada en comisión. Nela diríxense directamente á Xunta para preguntar que ten pensado facer para que o Castelo sexa posto a visita pública catro días ao mes, tal e como se contempla na normativa BIC.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios