Alumnos peregrinos
Sempre dicimos o importante que é que os veciños coñezamos a maxia do Camiño. Dicímolo polos veciños, e tamén polos traballadores do sector servizos. Pero tamén o dicimos polo alumnado costeiro, que será o noso motor de futuro.
Niso andan no IES Agra Raíces, que por segundo ano consecutivo veñen de facer o camiño de Santiago, en tres etapas: de Cee á Picota, na primeira xornada; da Picota a Negreira, na segunda; e de Negreira a Santiago, na terceira.
Con moi bo tempo un grupo de 25 persoas (23 alumnos de 1º bacharelato e dous profes), saíron mércores 5 de abril, do IES Agra de Raíces de Cee, ás 10:45h e chegamos a Santiago o 7, ás 17:40, un tanto sobrados de sol. Pararon a durmir nos pavillóns da Picota e de Negreira, e que menos que dar as grazas a estes dous concellos polo trato recibido e a súa axuda.
Houbo tramos que custaron máis, pero as risas e os choros acompañaron ao orgullo de rematar o Camiño que fan das bochas unhas pequenas amigas.
Novas relacionadas
- Veciños de Fisterra e Mazaricos conquistan o Camiño para coñecelo e espallar a MZ.
- O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia.
- O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).