mércores. 30.04.2025
El tiempo

Alumnos peregrinos

Alumnos peregrinos
Alumnos Peregrinos do IES Agra Raices de Cee 1 Alumnos Peregrinos do IES Agra Raices de Cee

Sempre dicimos o importante que é que os veciños coñezamos a maxia do Camiño. Dicímolo polos veciños, e tamén polos traballadores do sector servizos. Pero tamén o dicimos polo alumnado costeiro, que será o noso motor de futuro.

Niso andan no IES Agra Raíces, que por segundo ano consecutivo veñen de facer o camiño de Santiago, en tres etapas: de Cee á Picota, na primeira xornada; da Picota a Negreira, na segunda; e de Negreira a Santiago, na terceira.

Con moi bo tempo un grupo de 25 persoas (23 alumnos de 1º bacharelato e dous profes), saíron mércores 5 de abril, do IES Agra de Raíces de Cee, ás 10:45h e chegamos a Santiago o 7, ás 17:40, un tanto sobrados de sol. Pararon a durmir nos pavillóns da Picota e de Negreira, e que menos que dar as grazas a estes dous concellos polo trato recibido e a súa axuda.

Houbo tramos que custaron máis, pero as risas e os choros acompañaron ao orgullo de rematar o Camiño que fan das bochas unhas pequenas amigas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios