Aparece un cadáver en avanzado estado de descomposición nas rochas de Brens

Saltou a alarma este mediodía no porto de Brens, cando un corpo aparecía flotando nas rochas. Era un corpo sen cabeza, nun alto estado de descomposición case que esquelético, que alertou a varios traballadores de Ferroatlántica. Ao parecer o mar arrastrou o corpo ata o lugar.

De contado presentouse no lugar a Garda Civil, o médico da fábrica e o xuiz para proceder ao levantamento do cadáver.

Nin o 112 Galicia nin Salvamento Marítimo tiñan constancia do suceso.


Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).