Falece un malpicán no mar e un accidente na estrada deixa 7 feridos en Tella


Fin de semana dura na Costa da Morte en materia de accidentes. I é que un accidente no mar levaba a vida dun malpicán, mentres outro de estrada provocaba nada menos que 7 feridos en Ponteceso.
O accidente marítimo tivo lugar o pasado xoves, no corazón do Gran Sol, cando un veciño de Malpica, J.M.S.T., de 54 anos, falecía tras un accidente laboral mentres traballaba a bordo do arrastreiro Nuevo Mugardos. O mariñeiro foi golpeado por un dos cables de aceiro que suxeitan o aparello. A corda rompeu e, coma un látego, partiulle o pescozo. O cadáver aínda está en Irlanda e non se sabe cando poderá voltar a Malpica.
Ademais, e xa na estrada, e na desgraciadamente famosa curva da Tella, rexistrouse un novo accidenta na noite do sábado. Chocaron 2 turismos e un deles volcou. Ao parecer, 4 mulleres e 1 home, de entre 22 e 42 anos, foron trasladados ao Hospital da Coruña en 5 ambulancias, mentres que os outros dous, de menos gravidade, foron a centros sanitarios en coches particulares.
Novas relacionadas
- 02-10-12: Novo accidente na curva de Tella ante as protestas da oposición.
- 31-12-12: Unha nena de 3 anos falece nun accidente en Baio.
- 14-12-12: O temporal sacude á Costa cun falecido.
- 14-12-12: Un accidente na Piroga se salda con dous feridos e a estrada AC-552 cortada.
- 15-11-12: Falece no mar un pescador de 67 anos de Estorde.
Fonte
- De Luns a venres.