As 5 útiles propostas que Unión Cidadá esixe das administracións

Moitas horas de traballo bota Víctor Somoza, voceiro ceés de Unión Cidadá, bota preparando iniciativas e mocións de cara ao desenvolvemento da bisbarra, para enviar as diferentes administracións. Concello, Deputación, Xunta e mesmo varios Ministerios teñen recibido escritos do activo político costeiro, a pesar da pouca cobertura mediática que lle soen dar os medios. As pasadas eleccións municipais de 2015 non conseguía sacar, por moi pouco, un posto de concelleiro (si que participou naquel interesante debateQPC., e aínda está decidindo se se presenta para estas vindeiras de maio de 2019.   En todo caso, non deixa de traballar pola súa comarca, como o ratifican estas 5 iniciativas que presentou, nos últimos meses, Unión Cidadá Galega: 1- Solicitude ao Delegado de Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e ao Ministerio de Interior da implantación en Cee dunha oficina de emisión de DNI e Pasaporte. O 90% das provincias Españolas teñen mellor ratio de oficinas en relación coa poboación para prestar ese servizo. Asimesmo solicitan ao Concello de Cee debata a cesión dun local e a solicitude institucional a ditos órganos para que se efectúe a implantación da devandita oficina. 2- Solicitude ao Concello de Cee, Xunta de Galicia (Consellaría de Economía , Emprego e Industria), Deputación de A Coruña dun plan de desenvolvemento industrial, no ámbito das súas competencías, incluidas entre elas sacar a concurso os polígonos de bateas, a posta en funcionamento dun xeriátrico, centros de día (incluido o de Corcubión), centros de noite, remate de vía alta capacidade, subvencións autónomos… 3- Denunciaron á Fiscalía os presuntos delitos de prevaricación administrativa e malversación de caudais públicos pola subvención nominativa á comisión de festas da Xunqueira pola que se pretendía facer fronte a unha débeda de 57.484,50 € a pesar de ser avisados en reiteradas ocasións da presunta ilegalidade da mesma e que ven abalada polos distintos informes desfavorables da secretaria do Concello. 4- Denunciaron á Inspección de traballo o incumprimento por parte do Concello de Cee de manter a saúde laboral dos seus traballadores, xa que a temperatura que había na biblioteca Francisco Mayán era inferior á da normativa vixente, que establece unha mínima de 17ºC e unha máxima de 27º, e que tamén repercutía nos usuarios da biblioteca. "Tras a nosa denuncia logramos que se instalase a calefacción xa que a inspección de traballo e da seguridade social comunicáronnos a notificación da resolución, pola que a través da nosa denuncia solicitáronlle ó Concello de Cee a subsanación desa irregularidade", explica. 5-Presentaron unha lista de iniciativas ó Concello de Cee para dinamizar a praza do mercado, que poidan instalarse novos comercios, que non morra nin a praza de abastos nin o mercadiño dos domingos e dinamizar o pequeno comercio e de autónomos.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/union-cidada-propon-a-todos-os-partidos-asinar-un-manifesto-reivindicativo-pola-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/debate-en-cee-4-candidatos-ausentanse-un-verdadeiro-exercicio-de-democracia-directa/