![Union Cidada Galega]()
Moitas horas de traballo bota Víctor Somoza, voceiro ceés de Unión Cidadá, bota preparando iniciativas e mocións de cara ao desenvolvemento da bisbarra, para enviar as diferentes administracións. Concello, Deputación, Xunta e mesmo varios Ministerios teñen recibido escritos do activo político costeiro, a pesar da pouca cobertura mediática que lle soen dar os medios.
As pasadas eleccións municipais de 2015 non conseguía sacar, por moi pouco, un posto de concelleiro (
si que participou naquel interesante debateQPC., e aínda está decidindo se se presenta para estas vindeiras de maio de 2019.
En todo caso, non deixa de traballar pola súa comarca, como o ratifican estas 5 iniciativas que presentou, nos últimos meses, Unión Cidadá Galega:
1- Solicitude ao Delegado de Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e ao Ministerio de Interior da implantación en Cee dunha oficina de emisión de DNI e Pasaporte. O 90% das provincias Españolas teñen mellor ratio de oficinas en relación coa poboación para prestar ese servizo.
Asimesmo solicitan ao Concello de Cee debata a cesión dun local e a solicitude institucional a ditos órganos para que se efectúe a implantación da devandita oficina.
2- Solicitude ao Concello de Cee, Xunta de Galicia (Consellaría de Economía , Emprego e Industria), Deputación de A Coruña dun plan de desenvolvemento industrial, no ámbito das súas competencías, incluidas entre elas sacar a concurso os polígonos de bateas, a posta en funcionamento dun xeriátrico, centros de día (incluido o de Corcubión), centros de noite, remate de vía alta capacidade, subvencións autónomos…
3- Denunciaron á Fiscalía os presuntos delitos de prevaricación administrativa e malversación de caudais públicos pola subvención nominativa á comisión de festas da Xunqueira pola que se pretendía facer fronte a unha débeda de 57.484,50 € a pesar de ser avisados en reiteradas ocasións da presunta ilegalidade da mesma e que ven abalada polos distintos informes desfavorables da secretaria do Concello.
4- Denunciaron á Inspección de traballo o incumprimento por parte do Concello de Cee de manter a saúde laboral dos seus traballadores, xa que a temperatura que había na biblioteca Francisco Mayán era inferior á da normativa vixente, que establece unha mínima de 17ºC e unha máxima de 27º, e que tamén repercutía nos usuarios da biblioteca. "Tras a nosa denuncia logramos que se instalase a calefacción xa que a inspección de traballo e da seguridade social comunicáronnos a notificación da resolución, pola que a través da nosa denuncia solicitáronlle ó Concello de Cee a subsanación desa irregularidade", explica.
5-Presentaron unha lista de iniciativas ó Concello de Cee para dinamizar a praza do mercado, que poidan instalarse novos comercios, que non morra nin a praza de abastos nin o mercadiño dos domingos e dinamizar o pequeno comercio e de autónomos.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/union-cidada-propon-a-todos-os-partidos-asinar-un-manifesto-reivindicativo-pola-costa-da-morte/
https://quepasanacosta.gal/debate-en-cee-4-candidatos-ausentanse-un-verdadeiro-exercicio-de-democracia-directa/