As parroquias de Cee teñen un nadal completo
23 de decembro de 2010 (09:26 h.)
Onte ollábamos as actividades de recuperación tradicional que prantexa a Asociación Pedras Miúdas de cara a este domingo. Hoxe ollamos as outras parroquias activas do concello para ver as súas actividades de cara a este Nadal.
Este domingo celebrarase no polideportivo de Brens o Festival de Nadal, organizado pola Asociación Deportiva Cultural Brens. Comezará as 19:00h e actuarán o grupo de baile Breogan de Brens e o Grupo de Pandereteiras de Brens. Xa preto do final haberá playbacks dos rapaces de Brens e sortearase a cesta entre os socios da Asociación.
Festival de Nadal en Brens
Un completo nadal en Ameixenda
A SDCR "Fumes do Cal", da parroquia de Ameixenda, tamén preparou un extenso programa de nadal que se desenvolverá na Casa da Cultura.- XOVES 23 e VENRES 24 de decembro, a partires das 11:00h: Xogos diversos nas categorías infantil e adultos.
- MARTES 28 de decembro, ás 17:30: Proxección da“película de Disney, "UP".
- MÉRCORES 29 de decembro, ás 17:30: Proxección da película de Disney, "O PLANETA DO TESOURO".
- MÉRCORES 5 de xaneiro: A partires das 10:00h visita dos “REIS MAGOS ” a Gures e A Ameixenda.
- SÁBADO 8 de xaneiro, ás 19:00h a compañía TRASNO preséntanos un divertido espectáculo plural e multidisciplinar (Música, circo, teatro, baile e danza ) para o goce de todos os públicos.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa das asociacións de Cee.