As pequenas saharahouis chegan a Cee para pasar unhas vacacións en Paz

Xa están aquí os 5 pequenos saharahouis que pasarán as súas Vacacións en paz. Estes 5 nenos son acollidos por familias ceenses. E xa foron presentados ás súas familias tras sacarse a foto de turno cos membros da corporación ceense, e acompañados pola traballadora social do Concello, Carmen Rodiño.

No acto, as nenas recibiron cadanseu agasallo por parte do Concello de Cee consistente en material escolar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).