A Costa da Morte tamén pon o seu gran de area para que a axuda humanitaria chegue a Gaza



Entre hoxe xoves e mañá vernes, a Flota da Liberdade, que marcha cara a Franxa de Gaza con 5.000 toneladas de axuda humanitaria, entra en augas internacionais. A súa situación de indefensión ante un máis que posible ataque israelí, fai que ducias de cidades de todo o país saian á rúa para esixir ao goberno español que garanta a integridade e os dereitos dos activistas que viaxan no Guernika, o barco con participación española na Flota, en representación de todas e todos nós.
A Costa da Morte tamén celebrou a súa concentración, convocada pola entidade COSAL Costa da Morte. Unhas 20 persoas acodiron á cita simbolica, para demostrar que boa parte da poboación do país apoia esta achega de axuda humanitaria.
As concentracións ao longo da xeografía española pinde ao goberno español que cambie a súa postura. I é que segundo afirmaron dende o goberno que “non só non garante a seguridade das corenta e cinco persoas que viaxan no Gernika, senón que fixo un chamamento desalentando a saída do barco”.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte apoia á Flota da Liberdade cunha concentración en Cee.
- O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina.
- A Costa tamén marcha Rumbo a Gaza.
- Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).