Aspadex tamén lembra ao seu amigo Mon

Mon atendendo o primeiro día da apertura da Biblioteca Luis Mayán da Casa da Cultura de Cee

Tamén as persoas usuarias da Residencia que Aspadex ten ubicada en Cee, son asíduas á biblioteca municipal, encárganse do reparto de prensa, polo que a visita a esta instalación é diaria, pero ademáis fano nos seu tempo libre, polo que a relación con José Ramón Rey Senra era estreita.

A nova do seu pasamento non pasou desapercibida na entidade, e de propia iniativa, varios residentes decidiron, este grup ter unha lembranza agarimosa para o seu “amigo Mon”, e acordaron facelo a modo de poema polas razóns que elas mesmas comentan:

Mon era un bibliotecario que tiña un gran carisma e unha gran personalidade; era amable e humilde, querido por todos aqueles que o coñecían, por iso imos facer este poema en memoria desta grande persoa.

As estrelas que hai no ceo quixéronche levar para que briles con elas e con forza alumeen máis, pois ti brilabas coa túa alegría e a túa forma de ser envexa tiña o ceo que quixo que foras con el.

Para alumear as noites e coas estrelas estar porque ti na terra xa eras unha delas e alumbrabas no teu camiñar.

Orgulloso ti estabas de ser ceense de corazón

porque ese amor era grande como a túa adicación: os libros áos que te adicabas con grande paixón.

Autora: Gema Castreje

Máis novas