Día triste en Cee polo pasamento de Jose Ramón Rey Senra

16:04 18/04/25
Queda orfa a Biblioteca Francisco Mayán de Cee. A vila da Xunqueira fica triste polo pasamento de Jose Ramón Rey Senra.
O eterno bibliotecario ceense, coñecido como "Mon", foi o responsable de case 35 anos de concursos de achegamento á cultura, un dos certames máis lonxevos da comarca.
Sempre disposto a colaborar, a facer chegar ós libros aos centros de ensino, deixa unha pegada histórica no mundo da cultura da Costa da Morte.
Artigos de Mon en QPC