BNG e Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe levan a apertura do BIC á Valedora do Pobo
Para Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e para o BNG, a apertura (nos días que abriga a lei) do Castelo de Ameixenda “sería un elemento dinamizador do turismo na Costa da Morte, e un dereito da veciñanza a coñecer o noso patrimonio cultural e histórico”. Por iso, o BNG que leva anos traendo o asunto á actualidade política, uniu forzas coa Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, activa dende hai aproximadamente un ano, para presentar ante a Valedora do Pobo un escrito de reclamación no que demandan a apertura ao público deste ben de interese cultural (BIC), solicitando que a institución inste ao Goberno galego a que faga cumprir a normativa que establece un réxime de visitas ao público de catro días ao mes.
“É unha obriga a apertura deste castelo e por iso damos este paso ante a Valedora do Pobo para que se respecte a lei, que indica que este ben de interese cultural que temos no Concello de CEE ten que abrir catro días ao mes”, salientou o portavoz municipal do Bloque neste municipio, Serxio Domínguez.
Xunto ao factor dinamizador para o turismo e a súa beneficiosa repercusión na economía local, o portavoz municipal do Bloque apela ao dereito dos veciños e veciñas de Cee “para que a xente do pobo que nunca entramos teñamos acceso a coñecer e visitar este patrimonio cultural e histórico cando queiramos”.
Non esqueceron que ao outro lado da Ría está o castelo do Cardeal, “tamén con categoría de ben de interese cultural que sería un atractivo turístico a sumar”. Iso si, non son os únicos BIC da comarca pechados a cal e canto que habería que recuperar para a cidadanía.
Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe
- Castelo do Príncipe (IV): A lexislación
- Castelo do Príncipe (I): A defensa marítima.
- Castelo do Príncipe (II): O contexto da construción do Castelo e das outras fortalezas defensivas das nosas costas.
- Castelo do Príncipe (III): O castelo na actualidade.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: O caso do Pazo de Meirás aumenta a expectación sobre a apertura do Castelo de Ameixenda.
- Maio 2017: Recollen máis sinaturas para a apertura do Castelo de Ameixenda.
- Abril 17: O BNG de Cee pide que se abra ao público o castelo de Ameixenda.
- Marzo 2017: Víctor Castiñeira debullou a historia do Castelo do Príncipe.
- Novembro 2016: Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
- Outubro 2016: A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede
- Setembro 2016: Abren unha campaña de firmas para pedir que o castelo da Ameixenda sexa público.
- 2013: Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda
- 2009: Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)