Fin de semana axetreada para os Bombeiros de Cee

Entre as numerosas incidencias provocadas pola Borrasca Karim, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir este pasado domingo ata o Gadis de Vilar de Toba para retirar unha chapa metálica que estaba a piques de caer duns quince metros de altura. Necesitaron o vehículo de altura co que agora si que contan.

Pero a fin de semana foi completa. Tamén tiveron que ir ao mediodía ata Raso, Brens, Cee, para eliminar uns troncos que impedían o acceso á ponte da Chanca o lugar de Raso. Ca axuda de unha motoserra e do tractel do camión, abriron a estrada o tráfico.

A intervención máis complicada tivérano de noite, xa ás 22:30h, cando tiveron que acodir ata Señoráns, en Salto, Vimianzo, porque unha señora maior caera da súa cadeira de rodas, e non podía erguerse tendo ademais a porta pechada coa chave cruzada. Os Bombeiros accederon ao interior da vivenda por unha fiestra da planta superior, rompendo un dos cristais, atopando a señora na planta baixa. Axudárona a erguerse e a sentala na cadeira de rodas sen que precisase asistencia médica.

Novas relacionadas

Outras intervencións dos Bombeiros