Brens comeza con forza o 2026 a base de memoria, teatro, libros e charlas formativas

Foto da historia de Brens cedida por Carlos Puga Cives á SCD para o seu proxecto de recuperación da memoria

A pesar do enfado ante o desleixo municipal, a SCD Brens non para. Ten armado xa un primeiro trimestre cargado de actividades.

Unha que xa está en marcha a través das súas redes sociais @scd.brens está vinculada coa memoria. A entidade está a invitar a toda a veciñanza a enviar fotos vinculadas á parroquia ceese dende mediados do século pasado ata a actualidade. Se sodes poseedores dalgunha foto e a queredes compartir a sdc Brens vos estaría agradecida.

Teatro

En canto ao programa de actividades, este sábado día 7 de febreiro, ás 19:00, a Casa de Cultura de Brens recibe á veciña compañía corcubionesa Farándula Velutina, coa obra "Mamá". Con guión de Fernando Castro, de irección Marina Gómez e Fernando Castro, o elenco está formado por Andrea Rodríguez, Elisa Lema, Cris Martínez e Ariadna Castro.

A obra recolle as “profundas e complexas relacións entre nais e fillas”. Mamá! explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren. Unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).

 

Charla agrícola

O sábado 21 haberá unha charla sobre a poda impartida polo enxeñeiro Juan Carlos Lauroba Sánchez que é técnico da oficina de extensión agraria de Baio ademais de especialista en sanidade vexetal. Nela afondará na poda e estará aberto as preguntas dos asistentes.

 

Charla sobre reciclaxe

O sábado 28 de febreiro terán unha charla impartida por José Manuel Lorenzo Viejo, da empresa Coregal sobre a reciclaxe onde abordará o bo uso dos diferentes tipos de contedores e e ofrecerá as ferramentas necesarias para reciclar ben.

Presentación dun libro

Guadalupe Vazquez Formoso coa responsable de Fersi, co libro "Eu, Monstro"

E máis, en clave literaria, o sábado 7 de marzo toca a presentación do último libro de Guadalupe Vázquez Formoso, Eu, Monstro, que xa se pode mercar na editorial Toxosoutos, en Fersi e en Merca Cee.