Buserana convoca a V edición do seu Certame de Microrelatos
Chegando ao 25N, ábrese o prazo para o V Certame literario Asociación Feminista Buserana. Un certame de microrrelatos (máximo 200 palabras, título aparte), para buscar textos narrativos intensos relacionados coa violencia de xénero.
Os traballos deben ser inéditos, e non poden estar pendentes de fallo doutro xurado. Poderán participar nas categorías de "Estudantes" (ata 17 anos) e de Adultxs, tanto en galego como en castelán.
O texto deberá ser enviado antes das 23:49h do 21 de novembro, ao correo actividadesbuseranas@gmail.com co asunto “concurso” e irá firmado con pseudónimo, e noutro correo co asunto “datos” irá o pseudónimo utilizado e tódolos datos persoais, nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.
O premio será entregado na concentración convocada por Buserana o día 25 de novembro, na praza 8 de marzo de Cee.