Cee arroupou a estrea do filme “O Amparo da Xunqueira”

O equipo do Amparo da Xunqueira na estrea dos Cines A Xunqueira-Foto-Rafa Quintáns

Máxima expectación en Cee este pasado venres para a estrea do filme “O Amparo da Xunqueira”. Os Cines da Xunqueira do Centro Comercial Finisterrae vestíanse de gala, enchendo sala e media na sesión das 12:30h e outro tanto pola tarde (unhas 400 persoas en total), para ver esta produción audiovisual realizada polo equipo de Northern Sky Films, do Grupo Senson Media, para a Asociación Amigos da Xunqueira.

Cun equipo profesional de máxima calidade, formado por Roberto Beltrán, Pavel Oreshnikov e Toño Casais, ofrecen un produto perfecto para enviar a festivais de todo o planeta. Porque o tema do filme é global. Os camiños que se te abren na adolescencia son infinitos, como os amigos, e saber escoller cales son os correctos e os fiables, sempre é complicado.

Un filme tenso maxistralmente fiado por unha actriz que xoga noutra liga como é Ana Oca, perfectamente acompañada de xentes como Mónica Vilela ou Toño Casais, ademais dos Jimmy Núñez, Alberto Abal, Sergio Abelaira, Lola Casais, Anuska Vázquez ou o propio párroco Desiré Kouakou.

As rúas de Cee, a baleeira de Caneliñas ou os frondosos bosques de Dumbría forman uns escenarios ideais para o desarrollo da historia.

Ao remate, felicitacións e magníficas palabras para todos os que formaron a familia deste novo filme 100% costeiro.

Fotos da premier de Rafa Quintáns

Novas relacionadas