Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee

Xa temos o teaser do telefilme "O Amparo da Xunqueira"

Xa temos o teaser da nova mediametraxe feita na Costa da Morte “O Amparo da Xunqueira”, realizada no marco do Ano Xubilar Xacobeo, pola produtora costeira Northern Sky Films, do Grupo Senson Media.

Aí xa podemos ver moit@s actores e actrices da comarca como Ana Oca, Toño, Casais, Mónica Vilela, Jimmy Núñez, Alberto Abal, Sergio Abelaira, Lola Casais, Anuska Vázquez ou Desiré Kouakou.

Pero queda moi pouco para ver o telefilme completo. Será o vindeiro sábado 5 de novembro, con entrada de balde, cando poidamos acodir aos Cines A Xunqueira, no Centro Comercial Finisterrae de Cee, para velo. Os produtores van realizar unha estrea privada para a xente da comarca en agradecimento coa Asociación Amigos da Xunqueira, que preside Iván Pérez e mais ao párroco Désire.

Os pases serán ás 12:00h, con photocall e a presenza de boa parte do reparto, e ás 15:30h, con entrada libre para todo o que queira.

Cartel O Amparo da xunqueira

Novas relacionadas

Xa temos o teaser do telefilme "O Amparo da Xunqueira"