Cee disfrutará do Día da Muiñeira
27 de abril de 2011 (09:35 h.)
A A. C. Terra de Sena de Cee está a preparar o XXV Día da Muiñeira de Cee. A cita será o día 1 de maio, e contará con concurso de baile rexional con dúas categorías (menores e maiores de 14).
As actividades comezarán ás 17:30h da tarde na praza do concello de Cee. No descanso actuarán as pandereterias do Centro Social e ó remate a Banda de Música Municipal de Cee.
Aquí vos deixamos cun exemplo de como se celebrou a data o ano pasado:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Foto de Darío Gómez.