Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O traxe tradicional de Muros invade a Costa

O traxe tradicional de Muros invade a Costa

Espallándose por todo o país. Así percorre a xeografía galega o traxe tradicional de Muros a través da Mostra “A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros” que organiza a Deputación da Coruña coa participación da Agrupación Ximiela. A exposición xa pasou por Fisterra, Carnota e Dumbría, e esta semana e ata o 9 de abril, a mostra pode disfrutarse na Casa das Beiras de Muxía.

Pero ademais da Mostra, o traxe de Muros tamén dá moito que falar. Así nolo conta Rosa Gallardo dende a vila muradá. I é que o Museo do Mar acollía esta pasada fin de semana unha interesante conferencia acerca do traxe tradicional muradán no que se estudiaron as diferentes clases de traxes:"de traballo, decote e cerimonia", como repasou Francisco Rodríguez Fdez. así como sobre os "Patróns, corte e feitura", do que se encargou de falar Alberto Golpe Beceiro..

A cita tivo unha gran acollida por parte do púbico dada a riqueza etnográfica do tema e do cercano que lles resulta aos veciños da vila histórica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios