Cee queda, trala arquivación do caso de Mazaricos, como único concello investigado na Operación Orquesta

O ex alcalde de Mazaricos Santos Maneiro á saída dos Xulgados de Corcubión durante a Operación Orquesta en 2011

A Operación Orquesta segue quedando orfo de músicos. O pasado mes de abril era o Concello de Corcubión o que se libraba do proceso xudicial, uníndose así aos desimputados da separata de Fisterra.

A semana pasada o Xulgado de Muros arquivaba o caso de Mazaricos, no que estaban sendo investigados o ex alcalde popular, Santos Maneiro, ademais da Secretaria, o arquitecto, o conserxe e varios construtores.

Tras case 8 anos de líos xudiciais veñen de coñecer que a peza separada mazaricá está sobreseída.

Maneiro deixará unha das perlas da Operación, cando recoñecía o pago en B das festas da zona. “Como pensan que se financias as festas en toda Galicia?” preguntánbase durante a declaración.

Cee, o único onde realmente se cometieron delitos

Policia Nacional no Concello de Cee durante a Operacion Orquesta 2011-Foto-Marcos Rodriguez

Queda así agora unicamente sendo investigado o Concello de Cee nun caso que está, bastante paralizado por mor das folgas da Xustiza, na Audiencia Provincial da Coruña, a pesar de ter aberto o Xuízo Oral dende decembro de 2016.

O aínda alcalde Ramón Vigo, o ex concelleiro de obras Candiño, así como varios traballadores e empresarios seguen pendentes da Audiencia e terán que pasar a declarar.

Parece entón que a Operación Orquesta se pode resumir dunha maneira moi sinxela: “Por culpa de Vigo e Ogando moita xente pasou uns anos moi malos”, sinalan fontes achegadas ao caso.

Novas da Operación Orquesta

Máis información

Artigos relacionados