Cee queda, trala arquivación do caso de Mazaricos, como único concello investigado na Operación Orquesta


A Operación Orquesta segue quedando orfo de músicos. O pasado mes de abril era o Concello de Corcubión o que se libraba do proceso xudicial, uníndose así aos desimputados da separata de Fisterra.
A semana pasada o Xulgado de Muros arquivaba o caso de Mazaricos, no que estaban sendo investigados o ex alcalde popular, Santos Maneiro, ademais da Secretaria, o arquitecto, o conserxe e varios construtores.
Tras case 8 anos de líos xudiciais veñen de coñecer que a peza separada mazaricá está sobreseída.
Maneiro deixará unha das perlas da Operación, cando recoñecía o pago en B das festas da zona. “Como pensan que se financias as festas en toda Galicia?” preguntánbase durante a declaración.
Cee, o único onde realmente se cometieron delitos

Queda así agora unicamente sendo investigado o Concello de Cee nun caso que está, bastante paralizado por mor das folgas da Xustiza, na Audiencia Provincial da Coruña, a pesar de ter aberto o Xuízo Oral dende decembro de 2016.
O aínda alcalde Ramón Vigo, o ex concelleiro de obras Candiño, así como varios traballadores e empresarios seguen pendentes da Audiencia e terán que pasar a declarar.
Parece entón que a Operación Orquesta se pode resumir dunha maneira moi sinxela: “Por culpa de Vigo e Ogando moita xente pasou uns anos moi malos”, sinalan fontes achegadas ao caso.
Novas da Operación Orquesta
- Abril 18: A Operación Orquesta queda sen músicos.
- Febreiro 18: A condonación da débeda da Comisión da Xunqueira ou a Operación Orquesta (II).
- 31-01-18: Sete anos a voltas coa “Orquestra”.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
Máis información
- Quen é quen na Operación Orquesta.
- A Operación Orquesta por Concellos (I): Mazaricos.
- A Operación Orquesta por Concellos (II): Fisterra.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
- A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee.
Artigos relacionados
- Verdades de Louzán: 1001/2009.