Cee ríndelle unha homenaxe á música

A música será a principal protagonista das actividades culturais que ten programadas o concello de Cee para o vindeiro mes de novembro. Así todos os sábados do mes pasarán pola casa da Cultura da vila distintos estilos musicais; dende música tradicional ata tango, pasando pola música “negra” de grandes clásicos como Aretha Franklin ou a banda. Ademáis da música, tamén se darán cita xornadas e exposicións como as XVI xornadas micolóxicas da Costa da Morte, o XIV certame de Artes Pláscticas Isaac Diaz Pardo ou a exposición sobre o 50 aniversario da asociación provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña. As entradas son gratuítas ou de 2,5€ para o público xeral e 1,5€ entradas bonificadas, dependendo da actuación. Novembro é un mes de tradición musical pola celebración de santa Cecilia, patroa dos músicos. Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cee