![novembro mes da musica cee 2016]()
A música será a principal protagonista das actividades culturais que ten programadas o concello de Cee para o vindeiro mes de novembro. Así todos os sábados do mes pasarán pola casa da Cultura da vila distintos estilos musicais; dende música tradicional ata tango, pasando pola música “negra” de grandes clásicos como Aretha Franklin ou a banda.
Ademáis da música, tamén se darán cita xornadas e exposicións como as
XVI xornadas micolóxicas da Costa da Morte, o
XIV certame de Artes Pláscticas Isaac Diaz Pardo ou a
exposición sobre o 50 aniversario da asociación provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña.
As entradas son gratuítas ou de 2,5€ para o público xeral e 1,5€ entradas bonificadas, dependendo da actuación.
Novembro é un mes de tradición musical pola celebración de santa Cecilia, patroa dos músicos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee