Cee volve centrar o seu Entroido no sábado de Piñata

Os peques do Cole de Brens quixeron adicar o seu entroido aos gandeiros

Se polos coles xa comezou o Entroido, na vila esperan a gran traca final.

Aínda está aberto o prazo de inscrición (ata o día 10) pero xa hai media ducia de comparsas anotadas ao Concurso de Cee, que se celebrará, como vén sendo habitual os últimos anos, o sábado de Piñata. Este sábado 13 de febreiro, repetirán varias das que participaron o ano pasado, e faán o desfile para logo ir facelo Concurso, desta volta no pavillón.

Hai 4.500€ en premios, e será presentado por Paco G. Cobas, presentador do programa Collidos nas patacas da TVG.

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).