Unhas das festas máis esperadas do verán son as Festas da Xunqueira de Cee. Este 2013 chega do 13 ao 18 de agosto, completita de música e actividades.
Abrirá a festa Josita Lema co Pregón o martes 13 de agosto no paseo central da Alameda. O mércores 14 tocará a Orquesta Olimpus despois do mítico Grupo de Folk "Os Cempés".
Para o día propio da Xunqueira, o xoves 15 de agosto, festivo, teremos actividades todo o día, con pasarrúas, banda de gaitas, sesión vermú coa Canadá, e concertos nocturnos coa Canadá e cunha Noite Sabinera, coa banda de Sabina, sen Sabina pero con Pancho Varona. Ademais, ás 0:00h a gran traca de fotos de artificio, un dos momentos máis espectaculares das festas.
Non paran as citas durante a fin de semana, e xa que moitos faremos ponte, o venres 16 teremos actividades todo o día, coa sesión vermú a cargo da Orquesta Abanico e verbena co proxecto "Cantando a Galicia", de Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro.
O sábado 19 teremos orquesteo coa Marimba e rollo rockandroll co grupo Riff-Raff e o seu tributo a AC/DC.
E pechará as festas un domingo adicado aos máis pequenos cunha gran festa infantil dene as 16:60, amenizada polo grupo de música infantil máis importante do país, Mamá Cabra, ás 20:30 na Praza da Constitución.