A Xunqueira venceu á chuvia


Vaia noites de Xunqueira as que levamos. O luns abría cun concerto jazz indoor por mor da chuvia. Unha chuvia que nos tivo en vilo todo o martes. Eran as 23:30h e caían chuzos de punta en Cee. As rúas estaban baleiras e os camións das orquestras pechados a cal e canto. A Nova Palma xa debería estar en escena, pero non era posible.
A gran cita parecía que ía ter que suspenderse. Poucos apostaban porque escampara, e a París de Noia tería que recoller o chiringuito. Pero escampou. Pasadas as 23:30h e tras un día enteiro de chuvia, o tempo deu unha tregua e a música comezou a soar na praza do Concello.
Pouco a xente foi saíndo das casas, dos bares onde se resguardaban coa ilusión de ver unha das orquestras con máis tirón do país. E non defraudaron. Deron un bo espectáculo, baseado nun impresionante escenario e boas coreografías. E máis alá dalgún comentario machista que podería ter sobrado, a xente entregouse ata as 5:00h.
Libros pasados por auga

Iso si, os que si sufriron a ferocidade das chuvias de agosto foron os postos da Feira do Libro, que viron como o tempo impedía que os veciños e visitantes puidesen disfrutar da lectura.
Noite de fogos

A de onte era unha noite especial. A Ciclón, outra das orquestras potentes do país, tocou con forza, pero a cita máis esperada era a dos Fogos de artificio. Parecía que a redución dun tercio do orzamento (100.000€ tampouco é pouco...) ía repercutir na calidade dos fogos, pero aínda así aguantan como unha das referencias da zona.
Houbo opinións para todos os gustos, dende quen pensa que cada ano vai a menos, a quen pensa que estiveron fenomenais. Pero o que crece é a xente que pensa que en tempos de crise, son un gasto innecesario. O que parece claro, é que para o ano haberá máis.
Máis cousas
E non para a festa. Hoxe xoves toca a cita oitentera do ano con Danza Invisible e os seus "labios de fresa". A orquestra Canadá ademais quentará os motores nesta ñultima noite de troula.
E o peche será mañá cunha festa infantil a cargo de Pabvlo Díaz e a Banda Tic-Tac.
Novas relacionadas
- Os fogos, Danza Invisible e París de Noia, os pratos fortes da Xunqueira 2012.
- O fado e a zarzuela encheron de sentimento a Alameda de Cee.
- A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos.
- A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).