Os clubs de Cee sacaron o deporte á rúa

Protección Civil tamén participou con sesións RCP e primeiros auxilios e repartiron más de 100 chalecos e 200 libros dos bolechas “Coñecemos o 112”

Gran festa do Deporte da Rúa a vivida en Cee este pasado sábado. As rúas e prazas máis céntricas da vila viviron unha completa xornada na que os pequenos e maiores puideron disfrutar dun xeito lúdico e divertido probando diversas disciplinas deportivas.

Estiveron presentes:

  • O atletismo da man da ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA.
  • O baloncesto da man do A.C.B. COSTA DA MORTE.
  • O fútbol da man do UNIÓN CLUB CEE.
  • O fútbol sala da man do FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE.
  • O baile deportivo da man do CLUB ARTE E MOVEMENTO,
  • O kick boxing e o taekwon-do ITF da man do CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO.
  • O tenis de mesa da man do club A.D. ZAS ESCOLA DE CEE.
  • Os talleres de primeiros auxilios e RCP da man a AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE CEE.
  • 2 Inchables da man da PISCINA MUNICIPAL DE CEE.

A Praza da Constitución, a Rúa Domingo Antonio de Andrade, e a Praza 8 de Marzo de Cee foron o escenario no que se desenvolveron as diferentes actividades.

 

UC Cee
Teis de Mesa AD Zas
Club Cee Taekwondo ITF
A Piscina
O Olimpia
FSF Villa de Cee
Arte e Movemento
ACB Costa da Morte