Os clubs de Cee sacaron o deporte á rúa
07:53 17/07/23
Gran festa do Deporte da Rúa a vivida en Cee este pasado sábado. As rúas e prazas máis céntricas da vila viviron unha completa xornada na que os pequenos e maiores puideron disfrutar dun xeito lúdico e divertido probando diversas disciplinas deportivas.
Estiveron presentes:
- O atletismo da man da ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA.
- O baloncesto da man do A.C.B. COSTA DA MORTE.
- O fútbol da man do UNIÓN CLUB CEE.
- O fútbol sala da man do FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE.
- O baile deportivo da man do CLUB ARTE E MOVEMENTO,
- O kick boxing e o taekwon-do ITF da man do CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO.
- O tenis de mesa da man do club A.D. ZAS ESCOLA DE CEE.
- Os talleres de primeiros auxilios e RCP da man a AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE CEE.
- 2 Inchables da man da PISCINA MUNICIPAL DE CEE.
A Praza da Constitución, a Rúa Domingo Antonio de Andrade, e a Praza 8 de Marzo de Cee foron o escenario no que se desenvolveron as diferentes actividades.