Completa Semana Santa para as parroquias de Desiré

Esta fin de semana fixose público a programación da Semana Santa 2018 das Parroquia de Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee e Toba. Parroquias que dirixe Padre Desiré Kouakou Tanoh e que se unen para estas celebracións. Os actos levaranse a cabo dende o Domingo de Ramos ata o Sábado de Gloria na Parroquia de Cee dado que dispon dun templo mais grande, xa o Domingo de Pascua a celebración da Resurreción será nas restantes Parroquias. A encargada de realizar o cartel e os símbolos deste ano foi a ceense Leticia Alvariñas Gómez, licenciada en bellas artes e educación infantil e profesora na actualidade do Colexio Manuela Rial. Quen plasmou a ledicia da Pascua nos vivos cores que compoñen o cartel, o cal está presidido por un corazón do que brotan unhas follas como símbolo do amor de Deus. O programa de actos é o seguinte: Domingo de Ramos (25/03/18) 12:00h - Bendición de Ramos na Praza das Palmeiras, procesión ata a Igrexa acompañada polo Grupo Folk Peta Forte e Celebración Eucarística. Finalizada a Eucaristía actuación do Grupo Folk Peta Forte. Martes Santo (27/03/18) 19:00h - Acto Penitencial general. Xoves Santo (29/03/18) 18:00h - Celebración da Cea do Señor. Finalizada a celebración, procesión acompañada pola Banda de Música de Cee. 22:00h - Hora Santa. Vernes Santo (30/03/18) 18:00h - Celebración da Paixón do Señor. Finalizada a celebración, desenclavo e procesión en silencio. 22:00h – Representación da obra: ¿Quién mató a Jesús?, polos jóvenes de Confirmación. Sábado de Gloria (31/03/18) 22:00 - Vixilia Pascual. Finalizada a celebración, Festa Pascual no atrio de la Igrexa amenizada pola solista Esther. Domingo de Resurrección (01/04/18) Celebración da Resurrección do Señor nas Parroquias: 10:00h Buxantes 11:00h Ameixenda 12:00h Brens 13:00h Toba

Citas da Semana Santa costeira

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).