sábado. 03.05.2025
El tiempo

Completa Semana Santa para as parroquias de Desiré

Completa Semana Santa para as parroquias de Desiré
Semana Santa das Parroquias de Cee Esta fin de semana fixose público a programación da Semana Santa 2018 das Parroquia de Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee e Toba. Parroquias que dirixe Padre Desiré Kouakou Tanoh e que se unen para estas celebracións. Os actos levaranse a cabo dende o Domingo de Ramos ata o Sábado de Gloria na Parroquia de Cee dado que dispon dun templo mais grande, xa o Domingo de Pascua a celebración da Resurreción será nas restantes Parroquias. A encargada de realizar o cartel e os símbolos deste ano foi a ceense Leticia Alvariñas Gómez, licenciada en bellas artes e educación infantil e profesora na actualidade do Colexio Manuela Rial. Quen plasmou a ledicia da Pascua nos vivos cores que compoñen o cartel, o cal está presidido por un corazón do que brotan unhas follas como símbolo do amor de Deus. O programa de actos é o seguinte: Domingo de Ramos (25/03/18) 12:00h - Bendición de Ramos na Praza das Palmeiras, procesión ata a Igrexa acompañada polo Grupo Folk Peta Forte e Celebración Eucarística. Finalizada a Eucaristía actuación do Grupo Folk Peta Forte. Martes Santo (27/03/18) 19:00h - Acto Penitencial general. Xoves Santo (29/03/18) 18:00h - Celebración da Cea do Señor. Finalizada a celebración, procesión acompañada pola Banda de Música de Cee. 22:00h - Hora Santa. Vernes Santo (30/03/18) 18:00h - Celebración da Paixón do Señor. Finalizada a celebración, desenclavo e procesión en silencio. 22:00h – Representación da obra: ¿Quién mató a Jesús?, polos jóvenes de Confirmación. Sábado de Gloria (31/03/18) 22:00 - Vixilia Pascual. Finalizada a celebración, Festa Pascual no atrio de la Igrexa amenizada pola solista Esther. Domingo de Resurrección (01/04/18) Celebración da Resurrección do Señor nas Parroquias: 10:00h Buxantes 11:00h Ameixenda 12:00h Brens 13:00h Toba

Citas da Semana Santa costeira

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios