Detido un veciño de Cee por dous delitos de roubo con intimidación

Un dos roubos foi na Farmacia de Corcubión

A Garda Civil de Corcubión detivo a veciño de Cee como presunto autor de dous delitos de roubo con intimidación na fase de explotación da “operación Farcin”.

Foi o pasado 22 de maio cando o presunto delincuente, cun pasamontañas e portando un obxecto contundente, accedeu á farmacia de Corcubión onde intimidou á empregada para que lle entregase a recaudación. A empregada logrou agocharse, e o asaltante fuxiu do lugar sen conseguir o seu obxectivo.
Pero esa mesma tarde repetiu o proceso nas salas de cine de Cee portando neste caso un arma branca. Pero as traballadoras conseguiron eludir o roubo obrigando a fuxir ao asaltante do establecemento.

Trala investigación, a Garda Civil procedeu á detención do veciño de Cee, poñéndoo a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Corcubión, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penitenciario.