Días de accidentes polas estradas da bisbarra

Parecía que calmara un pouco aquela febre de accidentes do mes de febreiro. Pero estes días volven as estradas a ser protagonistas. Ata 5 accidentes se rexistraron nas nosas estradas nestes 4 últimos días, afortunadamente, sen falecidos.  

Novo choque en Cee

Esta tarde de luns, houbo un novo accidente no concello de Cee. Un choque frontal entre dous vehículos na AC-552 entre Bustelo e a capital municipal. Resultou ferida a condutora dun dos vehículos e no outro vehículo viaxaban 7 persoas (5 menores), pero non resultaron feridos.

Ao lugar acodiron Protección Civil de Cee, os Bombeiros (que non tiveron que intervir), Tráfico e Urxencias Médicas. Si que tiveron que traballar os medios de mantemento de estradas para abrir o tráfico de novo.

 

Unha saída no polígono do Allo

Consecuencias da Saída de vía en o Allo-Zas Esta mañá de luns producíase unha saída de vía dun Wolgsvagen Polo gris (HBN) no polígono do Allo, en Baio, Zas, a altura de Talleres Traba, (AC-552, km 55,500). Un particular alertaba ao 112, que solicitaba a presencia de Urxencias Médicas, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil e Protección Civil.  

Un ferido en Carballo

Tamén esta mañá de luns, arredor das 8:40h, un particular alertaba un accidente na Avda. Fisterra, en Carballo, a altura de Calvo, cun saldo dunha persoa ferida de carácter leve, que foi atendida por Urxencias Médicas, que acodía ao lugar xunto coa Garda Civil, e Protección Civil.  

Domingo de accidentes de moto

Un veciño de Laxe e outro de Malpica resultaron feridos (o laxense de gravidade) tras sendos accidentes de moto acontecidos na tarde do pasado domingo. O primeiro accidente sucedía ás 14:00h na estrada AC-433 que une Laxe e a Ponte do Porto, e o motorista empotrábase contra unha furgoneta. O helicóptero tiña que trasladar de urxencias ao veciño de Laxe. Xa pola noite, case ás 23:00h, un señor maior de Malpica sufría unha saída de vía ao saírse ca súa moto en Folgueira, Cerqueda. Non sufriu graves consecuencias.
O Helicóptero de Urxencias tivo que acodir ata Malpica  

Nova saída no Carrizal

E lembramos de paso, unha nova saída de vía na perigosa costa do Carrizal da AC-552, en Coristanco, que acontecía na tarde do pasado venres. Unha persoa resultou ferida.
Accidente no Carrizal-Foto-Fabián Santos  

Accidentes 2016-2015

Fonte

  • AXega.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • La Voz.