Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Días de accidentes polas estradas da bisbarra

Días de accidentes polas estradas da bisbarra
Parecía que calmara un pouco aquela febre de accidentes do mes de febreiro. Pero estes días volven as estradas a ser protagonistas. Ata 5 accidentes se rexistraron nas nosas estradas nestes 4 últimos días, afortunadamente, sen falecidos.  

Novo choque en Cee

Esta tarde de luns, houbo un novo accidente no concello de Cee. Un choque frontal entre dous vehículos na AC-552 entre Bustelo e a capital municipal. Resultou ferida a condutora dun dos vehículos e no outro vehículo viaxaban 7 persoas (5 menores), pero non resultaron feridos.

Ao lugar acodiron Protección Civil de Cee, os Bombeiros (que non tiveron que intervir), Tráfico e Urxencias Médicas. Si que tiveron que traballar os medios de mantemento de estradas para abrir o tráfico de novo.

 

Unha saída no polígono do Allo

Saida de Via en o Allo-Zas Consecuencias da Saída de vía en o Allo-Zas Esta mañá de luns producíase unha saída de vía dun Wolgsvagen Polo gris (HBN) no polígono do Allo, en Baio, Zas, a altura de Talleres Traba, (AC-552, km 55,500). Un particular alertaba ao 112, que solicitaba a presencia de Urxencias Médicas, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil e Protección Civil.  

Un ferido en Carballo

Tamén esta mañá de luns, arredor das 8:40h, un particular alertaba un accidente na Avda. Fisterra, en Carballo, a altura de Calvo, cun saldo dunha persoa ferida de carácter leve, que foi atendida por Urxencias Médicas, que acodía ao lugar xunto coa Garda Civil, e Protección Civil.  

Domingo de accidentes de moto

Un veciño de Laxe e outro de Malpica resultaron feridos (o laxense de gravidade) tras sendos accidentes de moto acontecidos na tarde do pasado domingo. O primeiro accidente sucedía ás 14:00h na estrada AC-433 que une Laxe e a Ponte do Porto, e o motorista empotrábase contra unha furgoneta. O helicóptero tiña que trasladar de urxencias ao veciño de Laxe. Xa pola noite, case ás 23:00h, un señor maior de Malpica sufría unha saída de vía ao saírse ca súa moto en Folgueira, Cerqueda. Non sufriu graves consecuencias. Helicoptero de Urxencias en Malpica O Helicóptero de Urxencias tivo que acodir ata Malpica  

Nova saída no Carrizal

E lembramos de paso, unha nova saída de vía na perigosa costa do Carrizal da AC-552, en Coristanco, que acontecía na tarde do pasado venres. Unha persoa resultou ferida. Accidente no Carrizal-Foto-Fabian Santos Accidente no Carrizal-Foto-Fabián Santos  

Accidentes 2016-2015

Fonte

Comentarios