Egueire arrincará a celebración dos seus 10 anos coa inauguración da Maternidade en Costa de Marfil

Evolución da Maternidade de Egueire en Costa de Marfil no último ano

2 de decembro. Esa é a data na que a ONG Egueire vai inaugurar oficialmente a Maternidade que está construíndo en Nandibou (Costa de Marfil). Unha cita tremendamente especial para a entidade que tanto traballa na Costa da Morte, pois será o punto e seguido a un proxecto que leva anos en marcha.

Así, o máis seguro é que o mesmo 2 de decembro, naza “Egueire”, pois a comunidade xa se comprometeu a que o primeiro cativo que naza no centro leve o nome da entidade

10 anos de Egueire

O acto de inauguración da maternidade servirá para iniciar a celebración do 10 aniversario da creación da ONG. Xa están armando un calendario completo de actividades que durará dende o mes de decembro ata boa parte do 2018. Agora toca traballar buscando o maior apoio posible por parte de concellos, empresas e institucións para poder levalos a cabo.

Por todo iso teñen gañas de dar a coñecer novos proxectos. “Pasiño a pasiño e co apoio de todos podemos facer grandes cousas”, recoñece un dos seus voluntarios, Iván Pérez.

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)