Egueire arrincará a celebración dos seus 10 anos coa inauguración da Maternidade en Costa de Marfil
2 de decembro. Esa é a data na que a ONG Egueire vai inaugurar oficialmente a Maternidade que está construíndo en Nandibou (Costa de Marfil). Unha cita tremendamente especial para a entidade que tanto traballa na Costa da Morte, pois será o punto e seguido a un proxecto que leva anos en marcha.
Así, o máis seguro é que o mesmo 2 de decembro, naza “Egueire”, pois a comunidade xa se comprometeu a que o primeiro cativo que naza no centro leve o nome da entidade
10 anos de Egueire
O acto de inauguración da maternidade servirá para iniciar a celebración do 10 aniversario da creación da ONG. Xa están armando un calendario completo de actividades que durará dende o mes de decembro ata boa parte do 2018. Agora toca traballar buscando o maior apoio posible por parte de concellos, empresas e institucións para poder levalos a cabo.
Por todo iso teñen gañas de dar a coñecer novos proxectos. “Pasiño a pasiño e co apoio de todos podemos facer grandes cousas”, recoñece un dos seus voluntarios, Iván Pérez.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou.
- Gran acollida á Festa Africana de Egueire en Mazaricos
- Egueire proponse construir unha piscifactoría en Costa de Marfil.
- Mazaricos volve sumerxirse en África.
- Un pequeno regalo chamado Egueire.
- A maternidade de Egueire en Costa de Marfil segue medrando.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])