Eris Mackenzie trae este venres a Cee a música rur-urbana
09 de outubro de 2024 (11:36 h.)
Este venres 11 de outubro, a mocidade de Cee poderá vivir por primeira en moito tempo unha conexión coa música urbana de vangarda. Dende Castelo, a mesma aldea de Carral que Xosé A. Touriñán chega o artista Eris MacKenzie ao Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
A cita, artellada polo colectivo Ponteceso Cultura Permanente, comeza ás 22:00h e permitirá ver a proposta deste artista do colectivo Aaldea que marida músicas urbanas e tradicional.