As familias volveron manifestarse pola falta de pediatras

"Estes recortes parámolos unid@s" reza a pancarta

Nova xornada de protesta sobre a precaria situación da sanidade pública. Concretamente a falta de pediatras que leva sufrindo a Costa da Morte na última década foi o fío da concentración que convocadaba a Plataforma Pediatras e Matronas Xa esta mañá de domingo diante do Centro de Saúde de Cee.

Foron ducias de familias as que acodiron a asinara a ILP de SOS Sanidade Pública e apoiar as demandas comúns. Unhas concentracións que tamén se desenvolveron en Sanxenxo, Pontevedra, A Cañiza, O Grove, Cangas, A Mariña ou Santiago, dando boa conta da grave situación da atención primaria en todo o país.

Desta volta, ademais as convocantes pediron que as familias levasen bonecos para que a concentración tivese un aquel novidoso.

Así explicaba a situación Vanessa Viquendi, a fisterrá presidenta da Plataforma Pediatras e Matronas Xa:

Ademais do himno feito polo mestre fisterrán Mateo, tamén cantaron o ”Pediatras Xa!” a ritmo de Tanxugueiras.

Novas relacionadas