Venres. 26.04.2024
El tiempo

Destacan o amplo respaldo da cidadanía galega á ILP de SOS Sanidade Pública

Plataforma SOS Sanidade Publica
A fisterrá Vanessa Viquende, segunda pola esquerda, presente na rolda de prensa da Plataforma SOS Sanidade Publica
Destacan o amplo respaldo da cidadanía galega á ILP de SOS Sanidade Pública

Facía a pasada mañá de luns a Plataforma SOS Sanidade Pública unha rolda de prensa para valorar a situación da Iniciativa Lexislativa Popular. Tras un par de meses de recollida de sinaturas, tamén pola nosa comarca en boa medida gracias ao traballo da Plataforma Pediatras e Matronas Xa, os responsables da Plataforma amosaron “gran satisfacción pola estupenda resposta da sociedade e a implicación da poboación xeral, que lles motivou para solicitar unha prórroga de tempo xa que hai unha gran demanda de localidades que queren estender a campaña e participar”.

Seguirán pois poñendo mesas informativas e de recollida de sinaturas diante dos centros de saúde, hospitais e mercados… poñendo o debate enriba da mesa e obrigando aos nosos políticos a tomar o asunto en serio.

Aproveitaron para lembrar os obxectivos da ILP, que non son outros que “resolver os terribles problemas actuais da Atención Primaria, xerados pola destrutiva mala xestión da Xunta de Galicia”. “A Consellería de Sanidade leva anos reducindo inxustificadamente o gasto da Atención Primaria e da Sanidade Pública no seu conxunto, provocando o desmantelamento do sistema sanitario público e favorecendo intencionadamente ao sector privado mediante a creación de novos concertos e novas privatizacións de servizos”, lamentaron.

Criticaron a “situación de presión” que sofren os profesionais, e consideran que “esta grave situación vén motivada pola terrible redución de persoal, chegando en moitos centros de saúde e PAC a quedar menos da metade do que había anteriormente”. Por iso piden “incrementar e dimensionar o persoal, priorizar a atención presencial, reabrir os centros e PAC pechados e acabar coa precariedade laboral”.

Máis concentracións

Tamén continuarán as mobilizacións en todas as localidades de Galicia, destacando que o 11 de novembro a plataforma do Grove concentrarase diante da Consellería de Sanidade, o 20 de novembro a plataforma de Pediatras e Matronas realizará accións nos ambulatorios, e o 30 de leste mesmo mes levarán a cabo concentracións coordinadas por toda Galicia.

Máis novas sobre recortes

Comentarios