Un ferido tras un accidente laboral na Pereiriña

O suceso tivo lugar a carón do restaurante

Esta tarde, arredor das 15:30, rexistrábase un accidente laboral no lugar da Pereiriña, ao carón do Restaurante Pincho. Un operario caeu dun tellado, dunha altura duns 3 mestros, e tiña que se trasladado en ambulancia ao Hospital de Cee.

Os servizos sanitarios foron axudados pola Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.