Formada a nova directiva da Asociación de Empresarios de Cee

A Asociación de Empresarios de Cee conta cunha nova directiva. Iso si, rematado o prazo de presentación de candidaturas o pasado mércores día 30 de marzo, non recibiron ningunha proposta de candidatura.

Así que trala Asemblea Xeral que tivo lugar o venres día 8 do presente mes, decidiron tres socios asistentes a tal acto, formar un novo equipo directivo. A nova Xunta Directiva queda fois formada polos seguintes membros:

  • Presidente: Enrique Domínguez Carreira (Obras y Servicios los Remedios, SL)
  • Vicepresidente: Diego Castro Rodríguez (Century Santa Comba,S.L.)
  • Secretario: José Roberto González Rigaut (Roberto G. Rigaut, S.L.)
  • Tesoureiro: Ramón Lijó Marcote (Mon Xestión e Asesoramento,S.L.)
  • Vogais:
    - José Benito Caamaño Vigo (Autos Caamaño,S.L.);
    - Jaime Casais Leis (Capitol Center,S.L);
    - Raquel Toba Suárez (Geyne y Toba, S.L.);
    - Víctor Manuel Lema Mouzo (Café Bar O Cruceiro);
    - Ricardo Darriba Couñago (Hotel Insua).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AECee.