mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Asociación de Empresarios de Cee convoca eleccións

A Asociación de Empresarios de Cee convoca eleccións

A entidade empresarial ceense busca nova Xunta directiva. Veñen de convocar eleccións para determinar os novos Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro.

Está aberto o prazo de candidaturas dende hoxe día 15 ata o vindeiro 30 de marzo. Poderán ser candidatos e votantes os socios da Asociación que, cunha antigüidade mínima dun mes, se atopen ó día no pago das súas cuotas. Cada candidato só poderá presentarse a un posto.

Serán válidas a presentación de candidaturas conxuntas ós 4 postos ou presentacións individuais a cada posto.

A votación realizarase o vindeiro 02 de abril de 18:00 h. a 20:00 h. no local da Asociación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios